O Club “Ria Ferrol – Concepción Arenal”, co control técnico da Federación Galega de Atleismo, organiza a partir das 10:00 horas do domingo 2 de xullo de 2023 a Carreira Popular 10K Porto de Ferrol.
PARTICIPACIÓN: Poderán participar nesta proba atletas populares e federados/as sempre que estean inscritos/as nos prazos e formas establecidos a tal efecto pola Organización.
INSCRICIÓN: ata as 23:59 h do día 28 de xuño de 2023
RETIRADA DE DORSAIS: ó longo do 30 de xuño (16:30 h a 20:00 h) e 01 de xullo de 10:00 a 20:00 en DECATLHON FERROL . O dia da Proba dende as 08:30 h ata 10:30 h no Porto de Ferrol.