Culleredo, domingo, 18 de xuño de 2023

X CARREIRA POLA RÍA DO BURGO. IX CIRCUÍTO DEPUTACIÓN DA CORUÑA 2023

Saída Distancia Inscrición ata Prezo
ABSOLUTA 6KM 185 inscritos 11:00 6 km 14/06/2023 5,00 999 plazas
SUB 18 + SUB 16 + SUB 14 27 inscritos 12:10 2,13 km 14/06/2023 0,00 plazas
SUB 12 + SUB 10 31 inscritos 12:35 1,1 km 14/06/2023 0,00 plazas
PREBENXAMÍN 33 inscritos 12:45 0,11 km 14/06/2023 0,00 plazas
PEQUERRECHO 20 inscritos 12:55 0,07 km 14/06/2023 0,00 plazas
Inscrición pechada Total: 296 inscritos

O Concello de Culleredo organiza, en colaboración coa Federación Galega de Atletismo e a Deputación da Coruña, a X Carreira pola ría do Burgo, prevista para o domingo 18 de xuño, A proba forma parte do IX Circuíto Provincial de Carreiras Populares da Deputación da Coruña.

LUGAR: A proba celebrarase o domingo 18 de xuño no paseo marítimo da ría do Burgo, no termo municipal de Culleredo, con saída e meta nas instalacións situadas ao pé da ría, na zona das pistas INSCRICIÓNS: Permanecerán abertas ata o mércores 14 de xuño.

PREMIOS: Entregaranse trofeos aos tres primeiros clasificados das categorías masculina e feminina de todas as categorías, agás todos os nenos e nenas participantes nas categorías pequerrechos e prebenxamín que recibirán unha medalla.

DORSAIS: Os dorsal e poderán recollerse entre o venres 16 de xuño de 18:00 horas a 20:30 horas e o sábado 17 de xuño de 11:00 a 13:00 horas e de 18:00 a 20:30 horas na caseta de turismo  do paseo marítimo (recinto ferial do Burgo- Ponte do Burgo 43.315972, -8.361034), ou ben na zona de saída e meta entre as 9:00 e as 10:30 horas o mesmo día da carreira. 

TRACK DA CARREIRA