A proba denomínase XXXI Milla Urbana Concello de Ares. E unha proba oficial da FGA, con distancia non homologada.
Esta proba pertence ao IX Circuíto provincial de Carreiras Populares da Deputación da Coruña.
UBICACIÓN: Terá lugar o sábado 5 de agosto, dende as 11 horas na Praza da Igrexa e ao longo do paseo marítimo de Ares. O recorrido e totalmente cha e disponse nun circuíto de ida e volta de iguais dimensións sobre o que iranse cubrindo as distancias de cada unha das categorías que son as que seguen.
TROFEOS: Haberá trofeo ao gañador absoluto e á gañadora absoluta da proba, así como ao corredor/a máis xove e ao/á máis veterá.
INSCRCIÓNS: remata o prazo ás 23.59 horas do martes 1 de agosto.
RECOLLIDA DE DORSAIS: Os dorsais poderán retirarse o xoves 3 e o venres 4 de agosto de 9 a 13 horas na Alianza Aresana, ou o mesmo sábado no mesmo lugar ata media hora antes da proba.