Uno dos eventos máis clásicos do Nadal polideportivo na provincia é a Carreira Pedestre do Nadal Concello de San Cibrao das Viñas. A carreira popular que organiza a concellería de Deportes do concello ourensán vivirá o domingo a décimo oitava edición. O éxito está asegurado de antemán debido a que a proba reunirá a máis de centenares atletas de todas as idades nas tres carreiras que a organización dispuxo.
O prazo de inscrición aínda está aberto e pódese realizar ata mañá xoves 12 de decembro ás 00,00 horas. A carreira de adultos contará con 500 participantes. A carreira de escolares está limitada a 100 participantes e a colaboración coa carreira será de 2 euros. A carreira de pitufos non ten límite de participación e as inscricións son gratuítas.
A máis numerosa será sen dúbida a proba absoluta que arrincará ás 11,30 horas e na que os participantes terán que facer un percorrido de 10 quilómetros.
Esta carreira está reservada aos atletas das categorías sub 23 e sub-23 (nacidos entre os anos 1997 a 2001), sénior (desde 1996 ata veteranos) e veteranos (a partir de 35 anos). A proba que abrirá o evento é a carreira de escolares, desde as 10,30, destinada aos atletas nas categorías sub 10- benjamín (anos 2010 e 2011), sub 12-alevín (2008 e 2009), sub 14-infantil (2006 e 2007), sub 16-cadete (2004 e 2005) e sub 18-xuvenil (2002 e 2003). Os deportistas deberán percorrer un traxecto de 2,5 quilómetros.
A última das carreiras está destinada aos máis novos, os " pitufos", é dicir, os nados no ano 2012 e posteriores. Poñerase en marcha ás 13,00 horas, con 200 metros de percorrido.
Haberá premios en material deportivo para os seis primeiros clasificados de cada categoría, para os seis primeiros do Concello de San Cibrao, premio especial para os seis primeiros traballadores-empresarios do polígono, camiseta técnica para todos os participantes e sortearán numerosos agasallos e produtos gastronómicos, bicicletas, cestas de Nadal, sesións de fisioterapia, etcétera.