A Delegación Galega de Atletismo co patrocinio de Concello de Vigo e o Corte Ingles organizou o pasado dia 22 de Decembro o Gran Premio Pedestre de Nadal Trofeo El Corte Inglés que congregou na praza de Compostela a un nutrido número de atletas dispostos a participar nesta clásica do noso atletismo.
Preto de 700 atletas situaronse na zona de saida dipostos a completar os 8265 metros que formaban esta proba baixo un claro ambente propio destas datas de Nadal.
Foi Victor Rioboo do club New Balance quen facendo valer a sua velocidade de medio fondista cruzou a meta na primeira posición quitando tres segundos ao segundo clasificado Elias Domínguez. Na categoría femenina victoria clara para Patricia Mendes do Comesaña Sporting Club.