martes, 3 de novembro de 2015

9ª CARREIRA POPULAR VIGO +11 “TROFEO EL CORTE INGLÉS”

A novena edición da Carreira Popular Vigo + 11 " Trofeo o Corte Inglés" contará o domingo 8 de novembro con gran parte dos mellores fondistas galegos. A proba con saída ás 11.15 desde a Rua Concepción Arenal transcorre polo centro urbano de Vigo. 

Entre os inscritos destacan os dous primeiros clasificados do ano pasado, Manuel Hurtado e Akka Essaadaoui xunto con Daniel Bargiela e en categoría feminina veremos a Solange Pereira, Ester Navarrere ou María Jesús Gestido entre outras o que augura unha carreira de nivel. As probas das categorias inferiores desenvolveranse previamente aos 10.900 metros das proba absoluta. 

Avance dos servizos
  • O sábado 7, na entrega de dorsais, no Corte Inglés, o Centro Podológico Galego fará un estudo biomecánico a todos os participantes interesados.
  • Haberá 4 masaxistas da Escola Europea Parasanitaria. Van estar desde as 10 da mañá o día da carreira, para todos os corredores interesados.

O prazo de inscrición conclúe o mércores 4 de novembro en www.carreirasgalegas.com ou no Corte Inglés

Tamén podes ver os planos dos percorridos