mércores, 2 de novembro de 2016

A CARREIRA DE SAN MARTIÑO SUPERA OS 3.000 INSCRITOS A FALTA DE DOCE DÍAS (Fonte: www.lavozdegalicia.es)

O sábado 5 de novembro conclúe o primeiro prazo, de inscrición anticipada, para poder participar na cuadraxésima edición da carreira popular do San Martiño, que se correrá en Ourense o 20 de novembro. Os máis atrasados poderán esperar ao segundo prazo -que se abrirá entre o 6 e o 13 de novembro- pero que non inclúe a recollida anticipada de chip e dorsal e costa dous euros máis, sete, que si se fai antes do día 5.

As inscricións para a carreira de adultos superan xa os 1.500 atletas. E outro tanto leva contabilizado nas carreiras de escolares, aínda que os colexios aínda están pechando os trámites para que os seus alumnos poidan competir. Para a proba de «cativos» ou nados a partir de 2008 xa se contaban 277 inscritos. Para o dorsal 0, que inclúe unha achega para causas solidarias, hai 23 inscritos.

Esta edición da carreira pedestre do San Martiño pretende bater marcas de inscrición e participación ao cumprir os seus corenta anos de existencia. Para celebralo, haberá un magosto para o que hai que anotarse e pagar cinco euros por persoa.