sábado, 16 de decembro de 2017

A "CARREIRA DO PAVO" REDUCE O SEU PERCORRIDO (Fonte: www.atlantico.net)

O Gran Premio Pedestre  do Nadal, coñecido popularmente como Carreira  do Pavo, celebrarase o próximo día 24 –a proba absoluta dará a saída ás 11:15 horas– a súa 56ª edición coa principal novidade da redución do seu percorrido debido aos previsibles problemas de tráfico que se producirán nunha data tan sinalada.

A proba, organizada pola Delegación Viguesa da Federación  Galega de Atletismo, presentouse onte nun acto que contou coa presenza do concelleiro de Deportes, Manel Fernández, e o delegado federativo Miguel Martínez  Larrea, entre outros.
Martínez explicou que a carreira absoluta constará nesta ocasión dun percorrido de 5 quilómetros, en lugar dos 10 que se corrían habitualmente, por recomendación da Policía, pero anunciou que para o ano que vén a organización ten previsto homologar a distancia e realizar dúas carreiras: unha de 5 e outra de 10 quilómetros.

A xornada comezará ás 10:30 horas na  Praza de Compostela coa saída da carreira  sub-10 e a continuación competirán os atletas  sub-12,  sub-14 e  sub-16 para terminar coa proba absoluta, que sairá ás 11:15 horas do mesmo punto na Alameda viguesa.
O prazo de inscrición para participar na carreira pecharase o próximo día 20 e a Delegación Viguesa ha establecido premios en metálico e o tradicional pavo para os gañadores, aínda que nesta ocasión non estará vivo.

Os dorsais e os chips entregaranse aos participantes en Deportes  Athletics o día 23, en horario de 9:30 a 13:00 horas