venres, 11 de setembro de 2015

A CARREIRA NOCTURNA DE FERROL CITA A 600 PERSOAS (Fonte: www.lavozdegalicia.es)

Xa na súa cuarta edición, a Carreira Nocturna Corre por Ferrol consolídase como a cita que pecha o verán das probas populares. A proba, organizada polo Concello e a delegación local da Federación Galega, celébrase este sábado, cun percorrido de seis quilómetros que parte da rúa Real á altura da praza de Armas e transcorre pola praza de España e os barrios da Magdalena e Ferrol Vello.

A proba conta con case 600 inscritos (509 deportistas na proba absoluta de seis quilómetros, 31 na infantil e cadete de dous quilómetros e 56 na alevín de 1.000 metros).

A cita forma parte do circuíto provincial de carreiras populares. O programa comeza ás oito da tarde coas probas para nenos, que se desenvolverán polas rúas Real e María. Ás nove sairán os adultos. A inscrición pechouse o mércores.