sábado, 4 de xullo de 2015

A CARREIRA PEDESRE DE PONTECESO PRESENTA UN CARTEL DE LUXO NAS DISTINTAS CATEGORÍAS (Fonte: www.lavozdegalicia.es)

A pontecesana Priscila Suárez e a carballesa Vanessa Lafuente, por unha banda, e o marroquí Aziz Fathi e o alxerino Abdelaker, por outra, farán da segunda edición da Carreira Pedestre de Ponteceso unha das máis atractivas da Costa da Morte.

A competición, que é puntuable para o circuíto da Deputación Provincial, preséntase cun cartel de luxo.
A proba absoluta de 10 quilómetros será a que abrirá a xornada deportiva ás 10.00 horas, en fronte á casa do Pondal. Alí estarán os 224 atletas inscritos, dato que supera a cifra absoluta da pasada edición, que quedou en 211. Nesta oportunidade o número total de participantes é de 310.

Fathi e Abdelaker, que son os máximos candidatos a loitar polo título, volverán verse as caras despois da carreira de Carballo, na que impuxo ao final o atleta marroquí. Tamén figuran Javier Tourís (A Coruña), Míchel Antelo (Vimianzo), Javier Seoane (Carballo), Borja Sánchez (Arteixo), Iván Rego (O Piñeiral) ou Amador Pena (Santiago), entre outros.
Na categoría feminina, haberá que ter en conta para subir ao podio coa coruñesa Eusebia Maldonado, unha deportista que está a ser moi regular en todas as citas ás que acode.

Unha medida que tomou a organización, o Concello de Ponteceso, foi evitar a calor, como ocorreu en Carballo ou Cee. Para iso a hora de inicio será máis temperá na xornada de hoxe.
Ao ser a carreira puntuable para a Deputación, haberá que prestar especial atención ás categorías de base, xa que nelas esta disputándose unha gran loita entre os primeiros.
A categoría cadete é unha das máis interesantes. O ceense Javier Rodríguez e a carballesa Ana García volverán ser os rivais a bater, aínda que sempre coa gran oposición de Numa López e Carlos Viña, ou de Elena Carreira e Clara Araniz, respectivamente.