- Domingo 22
- A partir das 10.30 horas
- Fronte ao CEIP do Corgo
- De balde, agás a categoría absoluta (3 euros)
- O Corgo celebrará o domingo 22 a IX Carreira Popular Arumes do Corgo-Memorial Quique Casanova, que organiza a A.C. Arumes do Corgo.
Os interesados en participar nesta carreira, que é unha proba oficial da Federación Galega de Atletismo, deberán anotarse antes do xoves 19 -o día da proba admítense as inscricións previo pago de 10 euros-. Existen unha ducia de categorías, desde prebenxamín ata veteranos 3.
Os premios consisten en trofeos e medallas, e haberá premios en metálico na carreira absoluta. Máis información en www.carreirasgalegas.com ou no 626 739 390.
Fonte: www.lavozdegalicia.es