luns, 18 de setembro de 2017

A CARREIRA POPULAR CORUÑA 10 CHEGA A RIAZOR O 8 DE OUTUBRO (Fonte: www.laopinioncoruna.es)

A undécima edición da carreira popular Coruña10 que se celebra domingo 8 de outubro mantén aberto o seu prazo de inscrición ata este domingo. Os corredores realizarán un percorrido de 10 kilómentros entre o paseo marítimo da enseada do Orzán, o Millenium, a Torre de Hércules ata chegar a meta, situada no palacio dos deportes de Riazor.

A inscrición pode realizarse a través da web municipal www.coruna.gal/carreiraspopulares ata o día 24 e no Corte Inglés de Ramón e Cajal ata o sábado 23. A cota de inscrición é de 5 euros, excepto para os menores de idade que será gratuíta.
De forma extraordinaria, realizarase unha segunda quenda de inscricións a partir do luns 25 que terá un prezo de 8 euros.

A proba facilitará como en edicións anteriores a participación de atletas en cadeira de rodas. As categorías distribuiranse en Junior para corredores do 1998 e 1999, Promesa para os nados en 1995, 1996 e 1997, Senior desde 1994, catro modalidades de veteranos en función da idade e persoas con diversidade funcional que disputen a carreira en cadeira de rodas.
Os primeiros clasificados recibirán o seu premio a partir das 13.00 horas. Tamén serán recoñecidos os atletas que superen o récord da proba situado nun tempo de 28,09 na categoría absoluta masculina e de 31,40 na categoría feminina.