venres, 2 de decembro de 2022

A CARREIRA POPULAR MAR DE BOIRO REUNIRÁ A 750 CORREDORES EN TRES PROBAS (Fonte: www.lavozdegalicia.es)

O domingo celebrarase a décimo séptima edición da carreira popular Mar de Boiro, memorial Pepe Buceta, na que, unha vez finalizado o prazo de inscrición, espérase a participación de 750 corredores de distintas categorías que tomarán a saída nas tres probas. Para o correcto desenvolvemento da cita, o domingo haberá restricións de aparcamento nas primeiras horas do día e cortes puntuais dalgunhas rúas para o paso dos deportistas. Así, non estará permitido estacionar na rúa Principal, no tramo fronte á praza de Galicia, onde se sitúa a saída, nin tampouco na mediana da avenida da Constitución, entre o cruzamento da Boliña e a rotonda de Espiñeira.


Fonte: www.lavozdegalicia.es