A carreira Sen-Son de dez quilómetros que terá lugar o 13 de decembro entre os centros urbanos de Portosín e Porto do Son está a ter unha gran aceptación pois o número de inscritos xa supera o milleiro.
Os responsables da proba esperan exceder a cifra de 2.000 atletas e incluso puxeron un tope de 2.500 para evitar un número masivo de deportistas.
A proba discorrerá pola estrada comarcal que une os dous núcleos sonenses e os asistentes deberán cubrir a decena de quilómetros que separan ambas as localidades. A estrada cortarase nun sentido para deixar paso aos corredores.
Os responsables da iniciativa pretenden que ese fin de semana sexa unha auténtica festa do atletismo, polo que o sábado día 12 haberá actividades paralelas entre as que destacan a exposición e venda de produtos relacionados con este deporte.
A cita tamén contará con probas para os máis pequenos no porto sonense.