venres, 19 de outubro de 2018

A CLÁSICA PRESENTASE EN NEGREIRA CON NOVIDADES PARA OS ATLETAS GALEGOS

Hoxe as 11:30 da maña presentábase a XXXIX CARREIRA POPULAR NEGREIRA, a proba atlética en ruta con maior puntuación da nosa comunidade dentro no ranking nacional, situada no posto 16 no ano 2016 e acabando o 14 no ano 2017 . 

A de Negreira posiciónase como unha das probas máis antigas de Galiza, contando cun percorrido de 10.000 metros homologado pola Federación Española de Atletismo (RFEA) sendo, ademais, a  única carreira galega incluída no calendario nacional de atletismo.

O día do San Martiño, 11 de novembro, daráse o pistoletazo de saída “A CLÁSICA”  que esta edición incorpora, como principal novidade, premios económicos os atletlas galegos mellor clasificados, tanto na categoría masculina como na feminina, na distancia 10K. Dende a pasada edición, incorporouse un percorrido de 5k para os menos entrenados ou pricipiantes, así o trasladaba no Aauditorio Municipal de Negreira Marcos Pérez, Director Deportivo da Carreira Popular nigrariense. Tamén quixo incidir na bolsa de corredor, que será  entregada a cada participante, e  na que colaboran moitas das empresar da localidade. Recordaba tamén, que as inscricións estarán abertas na páxina web www.emesports.es ata o día 7 de novembro, con incremetos no prezo ata esa data para que os máis madrugadores en pechar a súa participación poidan beneficiarse dun mellor custo. 

Pola súa parte, o exciclista Ezequiel Mosquera, e empresario do sector, quixo facer fincapé en que a de Negreira e a proba con máis nivel competitivo da autonomía. A nivel organizativo, eloxiaba os técnicos deportes do Concello polo seu bo facer.

Por último Jorge Tuñas Caamaño, Alcalde de Negreira, quixo reflexar de novo o gran momento que atrevesa o  evento, o máis multitudinario do Concello o que máis xente doutros municipios arrastra a vila nigrariense. 

Remataba animando a tódolos veciños de Negreira a participar na XXXIX Carreira Popular de Negreira “A Clásica” tanto de forma deportiva como achegándose a cada unha das rúas poalas que transcorre a proba a animar a tódolos ateltas.