Continúan as inscricións a bo ritmo para a Media maratón A Coruña-21 que se desenvolverá polas rúas da cidade o vindeiro dia 26 de febreiro e na que o numero de inscritos superan xa os mil inscritos.
A cifra de participantes que nos últimos dias ben experimentando un medre considerable, continúa a bo ritmo agardándose polos organizadores superar os 1780 inscritos da edición do ano pasado
No tocante os prazos de inscrición, continúan abertos os mesmos habilitándose dous periodos. Un primeiro prazo ordinario de inscrición que remata o vindeiro domingo día 12 as 24.00 cunha cuota de 15€ . A maiores habilitarase un segundo prazo extraordinario que vai do día 13 ó 19 de febreiro e na que a inscripción neste caso será de 25 €. Tanto nun caso como noutro pódese formalizar a participación a través da pasarela de pago inserida na páxina web da Federación Galega de Atletismo
www.carreirasgalegas.com
Da mesma maneira lémbrase que existen bonificacións dun 50% para todas aquelas persoas maiores de 65 anos, posuidorsas do carnet xoven, e persoas en paro que remata o día 12 de febreiro.