A X edición de Coruña10 terá lugar o próximo 9 de outubro de 2016, unha proba popular que ano a ano establece rexistros récords de participación, que iniciou a súa andaina no 2007 e que se converteu en todo un clásico no calendario do atletismo nacional.
A proba contará con premios en metálico para as primeiras persoas clasificadas e cunha gratificación para as que establezan un novo tempo récord, o que servirá de aliciente para a participación de atletas recoñecidos.
O circuíto está pendente da súa correspondente homologación pola Real Federación Española de Atletismo.
RECOLLIDA DE DORSAIS, CHIP E CAMISETA CONMEMORATIVA
Días e horarios:
- Xoves 6 de outubro de 17.00 a 21.30 h
- Sábado 8 de outubro de 10.00 a 21.30 h
Lugar: 2ª planta de El Corte Inglés de Marineda City