Ao redor de seiscentas persoas tomarán parte esta tarde na cuarta edición da media maratón Palas -Melide, tamén coñecida como Vos 21 do Camiño. A proba é unha das mellor valoradas do panorama nacional e, ademais, conta co atractivo adicional de repartir premios en metálico.
A competición dará comezo ás 18.30 horas. Si a pasada tempada a carreira estivo marcada polas altas temperaturas, as previsións para esta tarde son de algo menos de vinte graos e ceo despexado. Unha boa noticia para os participantes, xa que a media maratón entre Palas e Melide caracterízase pola súa esixencia.
Con respecto a anteriores edicións, rexistráronse cambios no percorrido. Deste xeito, os organizadores modificaron o tramo inicial para suavizalo. Iso si, a mutación levará que os participantes corran ao redor de tres quilómetros máis polo Camiño de Santiago.
Dentro do abano de candidatos ao triunfo absoluto, destaca a presenza de Lolo Penas. O atleta de Arzúa tratará de facer valer o seu papel de favorito para desbancar a Akka Essaadaoui, que lucirá o dorsal número 1 despois de proclamarse vencedor da anterior edición.
Na competición feminina, a favorita é Paula Mayobre, que contará con algunhas rivais complicadas como María Jesús Gestido ou Raquel Suárez.
Premios
Ademais dos premios en metálico, a organización repartirá lotes de produtos típicos da zona aos máis destacados. Outra das novidades é a contrarreloxo que se realizará a metade do traxecto. Os máis rápidos en subir o repecho -están excluídos os cinco primeiros da Xeral- recibirán premio.