A Baña acollerá por segundo ano consecutivo unha das probas do Trail Galaica, o circuíto de carreiras de montaña que organiza a Federación Galega de Atletismo. O domingo 11 de xuño disputarase a cuarta proba, tras as de Ames, Muros e A Pobra.
Serán vinte e catro quilómetros para a carreira reina e 13,7 para o trail curto. As dúas sairán ás dez da mañá desde a carballeira de Ceilán, próxima a Negreira, con final no campo de fútbol de Cartas, en San Vicente.
Os interesados poden formalizar as súas inscricións ata o 7 de xuño, cun custo de dez euros para o mini trail e de quince para o trail longo. Contémplanse premios para os tres mellores de cada proba e de cada categoría. Habilitarase un servizo de autobuses desde o campo de fútbol a partir das 9.15 horas. Haberá catro puntos de avituallamiento. Os organizadores celebrarán un peque trail nos arredores do campo de fútbol de Cartas, en categorías benxamín, alevín, infantil e cadete. A inscrición será gratuíta.
Fonte: www.lavozdegalicia.es