A derradeira carreira do Circuíto Coruña Corre da tempada ten data e,agora, tamén prazo de inscrición: desde hoxe e até o 5 de agosto, poderás inscribirte na IV Volta a Oza.
Esta carreira popular, que celebrará nos vindeiros días a súa cuarta edición, é a sexta proba do III Circuíto Municipal Coruña Corre. A serie de carreiras populares comezou o pasado 19 de outubro e, despois de percorrer os barrios de Os Rosales, Novo Mesoiro, Durmideiras, San Pedro de Visma, e Ventorrillo, chegará o 9 de agosto a Oza.
As persoas inscritas ao Circuíto xa están anotadas nesta Volta, pero as que non pertenzan a esta serie pero queiran facelo, poderán inscribirse desde hoxe até as 23.30 horas do mércores, 5 de agosto a través da páxina web www.championchipnorte.com . O prezo da inscrición é de 3 euros (ou 5 se precisan alugar o chip).
A entrega de dorsais será o sábado, 8 de agosto, no Complexo Deportivo Municipal de San Diego: de 11:00 a13:30 h. e de 17:00 a 20:30 h. O Domingo tamén poderá recollerse até unha hora antes de cada unha das carreiras.
O servizo de duchas e gardarroupa estará no Complexo Deportivo Municipal de San Diego.A hora de saída da carreira absoluta será ás 10.00 horas. O grupo percorrerá máis de 6 quilómetros desde a súa saída e chegada ao Parque de San Diego.
Unha vez finalizadas as carreiras, realizarase a entrega de premios ás 12.15 horas. Os horarios de saídas das diferentes categorías serán os seguintes:
Absoluta : 10:00 h. 6.225 m. aprox.
Xuvenil: 11:15 h. 2.430 m. aprox.
Cadete: 11:15 h. 2.430 m. aprox.
Infantil: 11:30 h. 1.620 m. aprox.
Alevín: 11:45 h. 810 m. aprox.
Benxamín: 11:55 h. 810 m. aprox.
Pitufos: 12:00 h. 150 m. aprox.