xoves, 2 de outubro de 2014
A DERRADEIRA PROBA DO CIRCUITO CorreSan CELEBRARASE ÍNTEGRAMENTE NA CIDADE DA CULTURA (CLASIFICACIÓN DO CIRCUITO)
O vindeiro domingo 11 de outubro rematará a terceira edición do circuito de carreiras saubles de Santiago, CorreSan III. A Cidade da Cultura será o escenario elexido para levar a cabo unha proba final rápida e celebrada en horario case nocturno que deleitará aos asistentes. A proba discurrirá soamente pola Cidade da Cultura nun rápido circuito de dúas voltas e 5300 metros que se exporá nesta web a finais desta semana.