domingo, 13 de marzo de 2016

A ESTRADA COROOU AOS MELLORES ESCOLARES EN CAMPO A TRAVÉS (Fonte: www.lavozdegalicia.es)

A praia fluvial da Estrada congregou onte a preto de medio milleiro de novos atletas no Campionato Galego de Campo a través Escolar. Foi unha xornada asollada, onde os pequenos corredores brillaron con luz propia. Moito público deuse cita nas instalacións da Sociedade Deportiva Río Ulla. Ás 11.00 horas celebrouse a primeira carreira, a máis longa, na que competían os cadetes. Daniel Ramos, do Atletismo Cuntis, que recentemente conseguiu a medalla de bronce no campionato de España coa selección galega, dominou a proba de principio a fin e alzouse coa vitoria, seguido de Fiz Losada e Álex Domínguez.

Na categoría feminina venceu Sara Lima, con Claudia Conde e María Carballido completando o podio. En infantil masculino gañou Martín Rivera e na proba feminina Lucía Portela.

En alevín chegaron os éxitos para o Atletismo A Estrada. Sergio Prieto foi terceiro nunha carreira que gañou ao esprint Dewit Comesaña, con Ayanz Bello segundo. Por outra banda, a estradense Laura Carracedo tamén logrou o bronce, ao cruzar a liña de meta por detrás de Carolina Santos e Shela Martínez.