domingo, 28 de xuño de 2015

A FORTE CALOR E O VENTO FIXO DURA A CARREIRA POPULAR DE CEE (Fonte: www.lavozdegalicia.es)

A forte calor, dunha parte, e o vento, doutra, fixeron máis dura do esperado a Carreira Popular Concello de Cee, que nesta segunda edición participaron preto de 400 atletas nas diferentes categorías, aínda que había 524 inscritos. Os favoritos non fallaron, e o alxerino Abdelkader Bouguerroudj e a carballesa Vanessa Lafuente non tiveron rivais e conseguiron unhas vitorias esperadas na proba reina.

A parte máis emotiva protagonizárona o carballés Luis Miguel Bardanca e a ceense Sara Vieites. Ambos competiron en cadeiras de rodas. O primeiro na proba de 10K, na que concluíu no posto 17 entre os 129 atletas que cruzaron ao liña de meta, despois de realizar un tempo de 39:22, mentres que Sara, de 7 anos, tivo un papel destacado en pitufos. Tanto un como outro foron premiados con aplausos polos numerosos afeccionados que se deron cita, principalmente, nas inmediacións do Concello, lugar onde estaba a saída e meta.

Na categoría reina, a dos 10K, a expectación foi máxima. A saída dos 136 participantes foi moi forte. O muradán Manuel Dosil impuxo o ritmo polas rúas de Cee. Cando ían dous quilómetros e chegaba á altura da Sicar, Abdelkader quedou só para desde ese momento facer todo o traxecto sobre un percorrido ao que houbo que dar tres voltas.

O interese pasou ao grupo perseguidor, no que había dez unidades: Míchel Antelo (Vimianzo), Alberto Carou (Muros), Javier Seoane (Carballo), Cándido Segade (Porto do Son), Cristian Muíño (Coristanco), José Suárez (A Baña), Xosé Ramón Barreiro (Santiago), Gonzalo Silva (Santa Comba) e Constante Lorenzo (Muxía), ao que logo se sumou Manuel Dosil (Muros), ao descolgarse do líder.

A dureza da proba foi colocando a cada un no seu sitio. Na competición feminina, Vanessa Lafuente non tivo rival. Esperábase a presenza de Rocío Alvite (Mazaricos) e de Teresa Castro (Vimianzo). Finalmente non estiveron. Nin Tina Fernández nin Eva María Portas puxeron intranquilidade na carballesa, que tiña unha boa diferenza, froito de ter saído forte como é habitual nela.

Na competición de 5K, o corcubionés José Manuel Lago impuxo a súa fortaleza desde os primeiros momentos, marcando o ritmo da carreira e nesta distancia, a noiesa Jessica Inés Muíños nunca viu perigar a súa primeira praza ao conseguir unha clara diferenza cos seus rivais.

A proba tamén foi moi interesante nas categorías basee e os atletas foron os que tiveron que soportar o momento de máis calor durante a tarde na que Cee viviu unha xornada deportiva.