mércores, 30 de abril de 2014

A I CARREIRA CAMIÑO DAS LETRAS CELEBRARASE EN SANTIAGO O 18 DE MAIO (Fonte: http://www.elcorreogallego.es/)

O vindeiro 18 de mayo celebrarase a I Carreira Camiño das Letras, iniciativa posta en marcha por Xurdir, en colaboración ca Consellería de Cultura, a través das secretarías xerais de Cultura e de Política Lingüística. 


Esta proba quere unir a conmemoración do Día das Letras Galegas e o simbolismo do Camiño de Santiago coa práctica do deporte, por iso todos os participantes que rematen a carreira recibirán como premio un libro e o diploma Camiño das Letras. 

Asimesmo, os tres primeiros clasificados da proba absoluta e de cada unha das categorías recibirán un lote de libros. A maiores, os gañadores absolutos tanto en homes como en mulleres, e os gañadores de cada unha das categorías establecidas o efecto, recibirán un trofeo. Pola sua banda, o centro escolar que máis alumnos inscriba na carreira recibirá un trofeo e un lote de libros para a sua biblioteca, e o club que máis atletas achegue á proba recibirá un trofeo.