domingo, 8 de maio de 2016

A III CARREIRA CAMIÑO DAS LETRAS CELEBRARASE O DÍA 15 CON SAÍDA DE LAVACOLLA (Fonte: www.elcorreogallego.es)

Mañá, as 11.30 horas, na sala Eisenman da Cidade da Cultura, terá lugar a presentación oficial da III Carreira Camiño das Letras, que se celebrará o domingo 15 de maio a partires das 10 da mañán.

A presentación deste evento deportivo-cultural que forma parte das actividades da semán das Letras Galegas,  está  patrocinado pola Consellería de Educación, e contará coa presencia dos Secretarios Xerais de Política Linguística, Valentín García, e Cultura, Anxo Lorenzo, así coma o presidente da Federación Gallega de Atletismo, Isidoro Hornillos, o representante en Santiago da FGA, Iván Sanmartín e  un dos padriños da proba, o campión de España  de marathón  Pedro Nimo.

A III Carreira Camiño das Letras partirá de Lavacolla polo Camiño de Santiago ata chegar o Estadio de San Lázaro. Serán once quilómetros os que os participantes na proba absoluta empezarán a correr  as dez da mañá.A partires das 11.30, nun circuito habilitado nos exteriores do estadio, darán comenzo as probas para os máis pequenos.