O próximo 4 de decembro disputarase a 31 edición do Memorial Adolfo Ros, que nesta edición correspóndelle organizar ao Concello de Neda. Media maratón, 21,6 quilómetros, que discorre polos concellos de Fene, Ferrol, Narón e Neda, onde se dará a saída e estará a meta, en concreto, nas inmediacións do pavillón de deportes.Esta proba é xa un clásico na axenda dos atletas da comunidade galega.
As inscricións para tomar parte na carreira custas cinco euros e poden formalizarse na web ata as doce da noite do día 30 de novembro. Ata o momento xa formalizaron a súa inscrición máis de medio milleiro de atletas.A retirada dos dorsais poderá realizarse na xornada do venres, día 2, e sábado, 3, en horario de mañá, na tenda Trinity, na rúa Cataluña, fronte ao Centro Comercial Odeón de Narón. Tamén se poderán recoller o mesmo día da proba, a partir das 8.30 horas no pavillón de Neda.
Avituallamientos
Habrá catro puntos de avituallamiento líquido para os participantes ao longo do percorrido, un cada cinco quilómetros. Tamén se instalará un posto de alimentos sólidos e bebidas isotónicas no mesmo pavillón de Neda. Ademais, haberá unha zona destinada a estiramentos, gardarroupa, aseos e duchas.Colaboran coa organización das carreiras as policías locais dos catro concellos polos que discorre a proba, ademais da distintas agrupación de Protección Civil. O Concello de Neda conta coa colaboración do grupo de emerxencias de Narón, que achega dúas bicicletas equipadas con DESA e persoal cualificado para seguir a competición, ademais dun vehículo de intervención en carreira.Haberá tres ambulancias equipadas con soporte vital básico e avanzado para cubrir todo o trazado. Por outra banda, haberá unha recollida solidaria de alimentos na que colaborarán o equipo de corredores populares Ártabros e ao Banco de Alimentos Balrial