Xuíces da Federación Galega e da Real Federación Española de Atletismo procederon o pasado domingo a realizar os traballos de medición para a homologación dos 5 km de circuíto urbano.
A inscrición para participar na novena edición da Interrunning 2015 - Concello do Porriño continúa aberta ata o próximo martes 10 de marzo ás 23:59 horas, podendo formalizarse a través da
páxina ou de xeito presencial nas tendas de Interesport Piñeiro en Porriño, Vigo ou Pontevedra
Porriño volverá vivir o próximo 15 de marzo a súa cita anual co atletismo, e é que, o que é un dos eventos deportivos estrela do noso municipio, a Interrunning 2015 - Concello do Porriño volverá reunir a numerosos de atletas chegados de todos os puntos da xeografía galega.
Na novena edición da que xa é unha proba de referencia no sur de Galicia, os corredores poderán bater a súa marca persoal ao contar o circuíto coa homologación da Real Federación Española de Atletismo. Para iso, xuíces da Federación Galega e da Real Federación Española de Atletismo procederon o pasado domingo a realizar os traballos de medición para a homologación dos 5 km de circuíto urbano. Tras realizar unha exhaustiva análise da ruta, co fin de garantir a fiabilidade das marcas dos atletas, os xuíces puideron certificar que o trazado cumpre os requisitos para formalizar a homologación. A Interrunning responde así á petición de moitos dos participantes en anteriores edicións, que solicitaban a homologación ao posuír o circuíto as características óptimas de trazado para conseguir unha boa marca. Esta certificación posibilita, ao mesmo tempo, que o Concello de Porriño, que nesta edición se involucra máis que nunca na organización do evento, poida albergar nun futuro campionatos autonómicos e nacionais de atletismo.
O prazo de inscrición continúa aberto ata o próximo martes 10 de marzo
A inscrición para participar na novena edición da Interrunning 2015 - Concello do Porriño continúa aberta ata o próximo martes 10 de marzo ás 23:59 horas, momento en que se pechará definitivamente toda posibilidade de inscrición. Todos aqueles interesados en participar poden inscribirse a través da páxina www.championchipnorte.com ou de xeito presencial nas tendas de Interesport Piñeiro en Porriño, Vigo ou Pontevedra.
O custo de inscrición na carreira absoluta, proba de 10 km de percorrido pertencente ao calendario da Federación Galega de Atletismo, é de 8 euros, máis 2 euros de aluguer do chip en caso de non ser propietario de chip amarelo. Coa intención de seguir utilizando a Interrunning como plataforma de iniciativas solidarias, un ano máis a organización apoiará ao programa municipal de alimentos SOS Porriño incluíndo como requisito para a recollida do número en todas as categorías, a entrega dun quilo de alimentos non perecedoiros.