martes, 26 de setembro de 2017

A MILLA DE SAN MIGUEL CUMPRE VINTE ANOS (Fonte: www.lavozdegalicia.es)

«Cunha nutrida representación do mundo do atletismo», o Club San Miguel -da man do seu presidente, Carlos da Torre- presentou onte pola mañá o vixésimo aniversario da Milla Urbana San Miguel, que se celebrará o sábado ás 17 horas no circuíto que sae da avenida de Ourense, desde o farol da Praza de España ata o cruzamento coa rúa A Estrada. A cita é para todas as idades e incluirá este ano unha proba de 5.000 metros.

Ao acto acudiron a alcaldesa, María Ramallo, o representante provincial da Consellería de Deportes, Daniel Benavides, o da Federación Galega de Atletismo, David Ferrer, e o da Escola Naval Militar, Pablo Sánchez do Val. Iso, por parte das autoridades.

Os deportistas, pola súa, estiveron representados por Víctor Riobó e Solange Pereira, gañadores das últimas millas celebradas, os irmáns Méndez e Manolo Rosales, a quen sorprendeu cunha camiseta asinada por Martín Fiz como agasallo.


Fonte: www.lavozdegalicia.es