xoves, 13 de setembro de 2018

A MILLA DO BARCO CON INSCRICIÓN GRATUÍTA (Fonte: www.farodevigo.es)

A Milla Urbana do Barco é unha das citas deportivas máis populares da provincia de Ourense. Chegan os atletas máis importantes e sempre é seguida por centos de afeccionados.

O evento será o domingo, día 16 de setembro. O  Concello do Barco do Barco de Valdeorras, coa colaboración do Club  Adas- Proinor, a Federación Galega de Atletismo e a Delegación de  F. G.A. en Valdeorras, organizan a  XXXII Milla Urbana Festas  do Cristo 2018, de categoría nacional nas probas absolutas femininas e masculina. As demais categorías será o calendario  auntonómico.


As inscricións na proba son gratuítas e poden realizar ata hoxe xoves, a través da web: carreirasgalegas.com
As inscricións das absolutas serán por invitación da organización.