Son varias as convocatorias de atletismo popular para este fin de semana, destacando a trixésima edición da Milla Urbana do Barco, que ademais da convocatoria aberta, tamén presentará unha o domingo dúas carreiras de alto nivel na categoría absoluta por invitación.
O programa valdeorrés iniciarase ás 18.00 horas e a inscrición está aberta ata unha hora antes de cada carreira.
Antes, esa mesma mañá hai outras dúas citas de gran interese, como son a Carreira Popular de Ribadavia e a de Seixalbo. A primeira xa vai pola súa terceira edición e ofrece o reclamo dun circuíto que transcorrerá entre viñedos e a beiras do río, mentres que a segunda se estrea no calendario, coa organización de Atletas Veteranos Ourense e un fin benéfico de axuda á loita contra o cancro, en memoria de Miguel Ángel Lorenzo «Mali».