Superada a polémica pola cesión do campo de fútbol de Santo Tomei de Piñeiro, que provocou a súa suspensión, o CD Pinarium ultima os detalles da VIII carreira popular Pinga Pinga.
O evento celebrarase finalmente o domingo 26 de novembro, cun percorrido que se mantén e que terá o seu centro organizativo, ademais da saída e a meta, no campo de fútbol.
A primeira das carreiras previstas será a absoluta, ás 10:30 horas, cun percorrido de 7,2 quilómetros completando tres voltas ao circuíto deseñado. A organización confirmou ademais premios en metálito (200, 100 e 50 euros) para os tres primeiros clasificados en categoría masculina e feminina.
Despois será quenda da competición para os menores de idade.
As inscricións para a VIII Pinga Pinga poden formalizarse ata o día 23 de novembro na
web (Aquí).
A programación da xornada complétase cunha andaina, non competitiva, de 4 quilómetros que partirá ás 10:15 horas da mañá.