A quinta edición da Pedestre do Anllóns, a celebrarse o sábado 30, vai camiño de superar as cifras do ano pasado, pois a catro días de que finalice o prazo de inscrición hai xa 425 persoas anotadas. A maior parte, 312, participarán na carreira de adultos ( sub 18-20, sub 23-sénior e máster A e B), que arrincará ás 16.30 horas do sábado e que contará cun percorrido de algo máis de 8 quilómetros.O resto, algo máis de cen atletas, repártense en categorías inferiores: sub 16 e sub 14 (28 participantes), que correrán dous quilómetros; sub 12 e sub 10 (48), que farán unha ruta de 440 metros e, por último, os pitufos (37 inscritos), que correrán 131 metros.
A inscrición, que pechará o vindeiro martes a medianoite, deberá realizarse a través da páxina web da federación galega de atletismo
(www.carreirasgalegas.com). O proceso é completamente gratuíto.Desde o club deportivo Vos Muditos, entidade que se encarga de preparar esta cita cada ano, esperan que nesta edición superen os 500 corredores, aínda que o volume de participantes é pouco predicible, pois polo xeral moitos dos inscritos non acoden finalmente ás carreiras.
Os que finalmente se animen a asistir partirán do pavillón Vila de Noia na hora que corresponda a cada categoría, 16.30 para os sénior, 17.30 para infantís e cadetes, 17.50 para benjamines e alevíns e 18.30 para os atletas máis novos. Ademais de premios para os gañadores, haberá tamén camisetas conmemorativas para os 200 que antes finalicen a proba absoluta, inchables para os nenos, chocolatada e sorteos.