Tan só transcorreron tres días desde que o club Os Muditos abriu o prazo de inscrición para a V Carreira Pedestre do Anllóns-Trofeo de Nadal de Carballo e xa hai 138 anotados.
Pero na organización apuntan máis alto. Prevén alcanzar os 500 deportistas o sábado 30 de decembro, a partir das 16.30 horas, e con saída en Vila de Noia. Trátase dunha cita, repartida en catro carreiras, polo paseo fluvial, pensadas para deportistas de todas as idades.
De carácter gratuíto, a inscrición debe realizarse na web da Federación Galega de Atletismo (www.carreirasgalegas.com). O prazo finaliza o día 26. Haberá trofeos e medallas para os mellores.
Fonte: www.lavozdegalicia.es