A Concellería de Deportes de Pontecesures abriu o prazo de inscrición na décimo sexta edición da Carreira Popular de Pontecesures. Unha cita asociada ao Nadal na localidade do Baixo Ulla, este ano co sábado 26 como día de celebración.
A carreira contará con nove categorías. Desde a de pitufos, para nenos nados no 2011 e anos posteriores e 200 metros de percorrido, ata a de veteranos B, para corredores nados en 1970 e anteriores e 4 quilómetros de competición. As saídas daranse na Praza do Coche de Pedra, a primeira ás 16.30 horas e a última ás 18.15, coa da categoría reina, a promesa/sénior (1982 a 1996) fixada para as 17.20.
Os interesados deben anotarse antes das 22 horas do mércores 23 nas webs www.carreirasgalegas.com ou www.fgatletismo.es/santiago. Xuvenís, séniores e veteranos deben pagar 5 euros.