A XLII edición da San Martiño, do mesmo xeito que en anos anteriores, obrigará a cortar ao tráfico cales da cidade para preservar a seguridade dos participantes. Desta forma, a primeira en cortarse será a zona da Glorieta de Nexus VI. Desde as 7 horas ningún coche poderá acceder a ela para acoller a saída e os preparativos da proba. Á mesma hora tamén se cortarán a avenida Pardo de Cela e a Ponte do Milenio. O resto das rúas polas que teña lugar a cita deportiva permanecerán cortadas desde as 10,15 horas e recuperarase a normalidade nela a partir das 14 horas.
A Policía Local recomenda tomar camiños alternativos para non verse sorprendidos polos cortes de tráfico. Para cruzar o río Miño convídase a facelo por Oira ou a Ponte Novísimo, na zona sur-oeste ir pola Polvoreira, a rúa Manuel Murguía ou A Farixa, mintas que para a zona Sur-este, ir polo barrio de San Francisco ou a rúa A nosa Señora da Saínza.