luns, 22 de agosto de 2016

A QUINTA CARREIRA NONCTURNA «CORRE POR FERROL» XA CONTA CON MÁIS DE CATROCENTOS INSCRITOS (Fonte: www.lavozdegalicia.es)

Os inscritos na quinta edición da carreira nocturna «Corre por Ferrol», organizada polo Concello de Ferrol, superan xa as catrocentas persoas, cando aínda restan dous días para que finalice o prazo de inscrición. Todos os interesados en participar nesta proba poden apuntarse ata as dez da noite do día 24 de agosto a través da web.
A inscrición é totalmente gratuíta.A saída e chegada desta carreira terá lugar o sábado na praza de Armas. A proba de categoría sénior partirá ás nove da noite. O percorrido será de cinco quilómetros para as categorías absolutas.

Estará controlada polo Comité Galego de Xuíces de Atletismo. O control de chegada pecharase unha hora despois de que cruce a meta o primeiro clasificado.A retirada de chips e dorsais efectuarase, tanto na xornada do venres 26 como o sábado 27, pola mañá, no pavillón da Malata.