Alejandro Fernández gañou o seu cuarta San Martiño cun tempo de 30 minutos e 30 segundos. Unha hora e cuarto despois entraba Pepe Martínez e só uns segundos antes Manuel Fernández Ledo. Os dous fose de control e xa superados polo mellor dos escolares. Complicado analizar cales recibiron máis ovacións e fácil decidir quen ten máis méritos.
A cita deportiva máis multitudinaria de cada ano na provincia ameaza con cambiar o apelido Popular con fixalo definitivamente como nomee propio. Insiste en arrinconar aos mellores para deixar o protagonismo en mans dos miles de atletas que teñen o reloxo como acompañante pero nunca como protagonista. Os avantaxados que baixan dos 45 minutos e os valentes que superan a hora. Os que revisan o calendario para competir cada fin de semana e os que só o fan unha carreira, a de casa. Ningún pisará podio, pero son os que fan grande a San Martiño. Eles e unha organización que presume (en silencio)de que nunca pase nada.
Ourense ten atletismo a diario nun circuíto permanente, gratuíto e revitalizante nas beiras do Miño. Ademais ponse de acordo para, unha vez ao ano, reivindicar a súa paixón polo deporte cunha carreira impecable.
Un percorrido inalterable e unha aposta polo deporte na que os que non corren aplauden e na que os máis pequenos garanten a lonxevidade do evento. Dez quilómetros plenos de ovacións e candidatos a sumarse á festa na próxima edición. Como deixar de fumar coas campás de Ano Novo.
Alejandro Fernández coñécello de memoria e un pouco esa retentiva e un moito de corazón levárono a remontar unha carreira que tiña perdida en calquera outro sitio. Superou a Nuno Costa no alto da Ponte Romana e entrou en meta dando paso aos máis de 8.000 que viñan detrás.
Solange Pereira e Marta Casanova disputáronse a vitoria nunha carreira feminina que desde hai anos ten o mesmo premio que os atletas masculinos. Unha barreira que soa a prehistoria aínda que non sexa tan afastada. Bo exemplo para unha proba inclusiva que incomprensiblemente debutaba onte na axenda do día.
A cuarta cita dun domingo ao que non lle fallou nin o tempo. Tampouco cambiaría nada salvo a cor un pouco máis escuro das fotos. Ourense xa bateu á choiva e ao frío ano si e ano tamén.
A Popular do San Martiño é un "déjà vu" marabilloso e que ten no ano próximo un reto permanente e apaixonante. O paletismo dos récords é o de menos cando o importante xa está conseguido. Cando a cidade presume e os organizadores están arroupados. Unha carreira na que os atletas bloquean as rúas sen que ninguén poña un pero. Beirarrúas cheas e abrazos sinceros de quen gañou as súas carreiras particulares.
Onte o primeiro en chegar á meta foi un ourensán, Alejandro Fernández. Os gañadores entraron un pouco despois. Algún moito despois. Normal cando corren tantos.