mércores, 20 de decembro de 2017

A SAN SILVESTRE CHEGA AO CENTRO (Fonte: www.laregion.es)

A San Silvestre  Ourensá, nada hai case un ano, regresa ao calendario e faio con algunha novidade. A principal, a localización, xa que a proba atlética achégase ao centro da cidade de Ourense. O Xardín do  Posío será o punto de encontro xa que alí estará situada tanto a saída como a chegada da proba.

A cita é o 31 de decembro e este martes viviu a presentación oficial dunha segunda edición que pretende bater os rexistros do ano da súa estrea. A xornada do último día do ano poñerase en marcha ás 16:00 horas, coa carreira dos  pitufos, cun percorrido aproximado de 70 metros. Dez minutos máis tarde será a quenda dos  sub 10 e  sub 12, xa no circuíto programado, e deberán facer fronte a 1,5 quilómetros de percorrido. Ás 16:25 arrincará a carreira  sub 14 e  sub 16, con 2,5 quilómetros por diante, mentres que a carreira absoluta, con cinco quilómetros de percorrido, empeza ás 16:45.A inscrición, cuxo prazo está aberto ata as 20:30 horas do día 27, pode formalizarse na web www.carreirasgalegas.com, sendo gratuíta ata  sub 16 e cun custo de 5 euros para as demais.

O evento ten carácter solidario e así, de forma voluntaria, os participantes poderán realizar unha doazón 'Dorsal 0' e a recadación será destinada a Cruz  Vermella Ourense.