O 15 de maio volverán unirse cultura e deporte na terceira edición da carreira Camiño dás Letras. Nesta ocasión variarase o percorrido e os atletas acabarán a proba no estadio de San Lázaro.
A partir das 10 da mañá, os corredores sairán de Lavacolla polo Camiño de Santiago, pero este ano non finalizarán no Monte do Gozo, polo que a distancia a percorrer ascenderá aos 11 quilómetros. Todos os deportistas interesados nesta cita deportivo-cultural poderán inscribirse na web www.carreirasgalegas.com.
Ao concluír o percorrido, como xa é tradicional, todos os participantes, maiores e pequenos, recibirán un libro en galego e un diploma. Aos gañadores de cada unha das categorías entregaráselles un lote de libros. Os vencedores absolutos da proba recibirán un trofeo cun deseño exclusivo que recorda o Camiño de Santiago e o esforzo realizado polos corredores.
Como en anteriores edicións, ao finalizar a carreira absoluta, a partir das 11.30 da mañá comezarán as probas dos nenos, empezando polos pitufos, con distancias adaptadas a cada unha das idades e categorías nun circuíto deseñado para a ocasión en San Lázaro.