luns, 19 de febreiro de 2018

A TRADICIÓN DE SAN MIGUEL DE OIA (Fonte: www.lavozdegalicia.es)

O cros de San Miguel de Oia cumpriu coa tradición e celebrou a súa edición número 41 na mañá de onte cunha notable participación no cadro masculino e con vitoria final para Manuel Hurtado, o flamante campión galego da disciplina.

En mulleres a vitoria foi para Ariana González.En tempos onde o cros cada día soa máis a excepción, non é fácil reunir a case medio milleiro de participantes sumando todas as categorías, como fixo na xornada de onte a Sociedade Deportiva San Miguel de Oia. Ademais, no cadro masculino estaban os primeiros espadas do momento.

Manuel Hurtado, o lucense que tras deixar a marcha crece no cros, non deu lugar a sorpresas e superou por unha marxe de 19 segundos a Iván Roade, o gran protagonista do circuíto de carreiras populares de Vigo do curso pasado. Nuno Costa, o luso afincado en Compostela, foi terceiro con moita vantaxe sobre o cuarto en discordia.

No cadro feminino, Ariana González demostrou estar varios corpos por diante das súas competidoras. A atleta do Tegra sacoulle tres minutos de vantaxe á súa máxima perseguidora.


Fonte: www.lavozdegalicia.es