martes, 8 de marzo de 2016

A TRAIL GALAICA RECALA EN SANXENXO (Fonte: www.lavozdegalicia.es)

A praza sanxenxina dos Barcos acollerá o vindeiro domingo 20 de marzo a saída e chegada da segunda etapa da Trail Galaica. Unha serie de carreiras polos montes autonómicos que celebrou en Ames o pasado 28 de febreiro a súa primeira etapa.

A inscrición para esta carreira, que terá unha lonxitude de 18 quilómetros e unha dificultade técnica media, permanecerá aberta ata o día 17 de marzo e poderán anotarse adultos de todas as idades.

O escenario desta proba que ten a saída prevista para as 10.30 horas será a contorna do Lugar do Con. Un espazo natural pouco coñecido pero de gran beleza que o Concello de Sanxenxo pretende pór en valor con actividades deportivas como esta e que será complementada cunha andaina gratuíta para todos os públicos.

Desde a organización estiman que a participación nesta segunda etapa da Trail Galaica roldará os 250 participantes. Moitos deles xa completaron en Ames a primeira etapa e estarán tamén nas seguintes: Muros, Noia, Sober, Boborás e A Pobra.