Este domingo terá lugar uno dos clásicos nas probas atléticas de Ferrol, a V Carreira contra o Cancro, organizada pola Asociación Española Contra o Cancro e que foi presentada na mañá do luns no Concello de Ferrol.
O concelleiro de Deportes Suso Basterrechea agradecía á AECC "a iniciativa e a imaxinación para realizar esta actividade un ano máis", a cal desde o Concello de Ferrol "apoiamos e recoñecemos ou esforzo que se fai", como tamén destacaba que "é a proba atlética que máis xente convoca, como tamén a parte clásica que se está convertindo a actividade."
A AECC afirmaba nesta rolda de prensa que os inscritos nestes momentos chegan aos 1.900 "aínda que nos gustaría superar os 3.000", lembrando que é unha proba de carácter familiar.
"A xente de Ferrol é moi solidaria e esta carreira é unha maneira de colaborar con moita xente, porque ademais da persoa que está a padecer a enfermidade, esta tamén a sofre a súa familia", querían recalcar desde a AECC.
As inscricións pódese realizar de maneira presenciar na sede da AECC na Rúa Real, Nº6, de luns a xoves de 10:00 a 13:00 e de 16:00 a 20:00 polas tardes, como tamén se poden realizar online en www.carreirasgalegas.com. O prezo para adultos será de 7 euros, mentres que o resto de categorías é de 1 euro.
A organización recomenda retirar os dorsais o sábado en Decathlon, de 10:00 a 14:00 e de 18:00 a 20:00 horas, aínda que tamén entregarán dorsais o domingo no Cantón de Molíns, ata media hora antes do inicio da proba, ás 10:30 horas.
A saída e a chegada desta V Carreira contra o Cancro será o Cantón de Molíns e discorrerá polo porto de Ferrol, o centro de Ferrol por Rúa Real, Cale María, Praza de España, para logo finalizar no Cantón de Molíns.
Ao mesmo tempo, desde a AECC afirmaron que todo o avituallamiento que non sexa utilizado nesta proba será doando integramente tras a súa finalización á Cociña Económica.
Fonte: www.galiciaartabradigital.com