mércores, 22 de xuño de 2016

ABDELKADER E MÍCHEL ANTELO SON OS ASPIRANTES AO PODIO EN CEE (Fonte: www.lavozdegalicia.es)

Hoxe finaliza o prazo para a Carreira Popular Concello de Cee, prevista para este sábado. Onte estaban confirmados 550 participantes, polo que se espera nesta terceira edición a marca de participantes.

Entre os favoritos están, principalmente, o alxerino Abdelkader e o soneirán Míchel Antelo, aínda que sen esquecer a César Vázquez (Zas) e Javier Seoane (Carballo). Tamén serán importantes para as primeiras prazas Constante Lorenzo (Muxía), José Suárez (A Baña), Gonzalo Silva (Santa Comba), David Calzas (Vimianzo), Xosé Antón Barreiro (Santiago) e Josecho González (Carnota). Na categoría feminina, Rocío Alvite (Mazaricos) é a gran favorita. As soneiranas Teresa Castro, Paula Trillo ou Viki Fernández estarán aí.