domingo, 27 de setembro de 2015

ABDELKADER Y VANESSA GAÑAN A CARREIRA POPULAR DOLMEN DE DOMBATE (Fonte: www.lavozdegalicia.es)

O alxerino Abdelkader Bouguerroudj e a carballesa Vanessa Lafuente Varela confirmaron os prognósticos e foron os vencedores absolutos da II Carreira Popular Dolmen de Dombate que tivo lugar onte en Cabana. Ambos bateron amplamente as marcas da cita, xa que o primeiro fixo 33:58 minutos e a segunda, 38:13, polos 35.30 de Míchel Antelo (Vimianzo) e 43:40 de Purificación Fernández (Bergondo), do ano pasado.

Dos 733 inscritos tomaron parte na cita de onte 600 nas diferentes categorías. Na saída e a meta, que estaba situada na entrada ao monumento megalítico, déronse cita uns 600 afeccionados nunha tarde de moita calor, algo que se acusou durante toda a proba nas diferentes modalidades.

A organización, o Concello de Cabana, estivo impecable coa inestimable axuda de Protección Civil e dos voluntario que controlaron todo o circuíto. O alcalde da localidade, Manuel Muíño, e a concelleira de Deportes, Sheila Recarey, entre outros, entregaron os trofeos aos tres primeiros clasificados nas diferentes categorías de maiores.

Na competición absoluta, a Abdelkader só aguantou no primeiro quilómetro Javier Tourís, que foi segundo, e despois seguiu en solitario, sobre un circuíto esixente. Vanessa Lafuente tamén saíu moi forte e impúxose con moita autoridade.