venres, 2 de xuño de 2023

ABERTA A INSCRICIÓN NA II CARREIRA E ANDAINA SOLIDARIA DE FEGADACE "Camiñando polo Dano Cerebral" 2 DE XULLO EN LALÍN

Santiago de Compostela | Lalín, 30/05/2022. A Carreira e Andaina Solidaria ‘Camiñando Polo Dano Cerebral’ volve en 2023 para dar continuidade ao labor que realiza a Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE) para a promoción duns hábitos de vida saudables -que pasan necesariamente por evitar o sedentarismo-, promovendo a organización de actividades deportivas para todas as idades.

Nesta ocasión a cita vai ser no quilómetro cero de Galicia, Lalín, o domingo 2 de xullo. A cita deportiva solidaria co colectivo do dano cerebral adquirido volve contar este ano coas modalidades de carreira e de andaina, e está aberta tanto a persoas adultas como a todas as categorías escolares. Unha vez máis, a proba deportiva de FEGADACE está inserida no calendario oficial da Federación Galega de Atletismo, onde se pode consultar o regulamento.

A inscrición está xa aberta en www.carreirasgalegas.com (poderá tramitarse ata o xoves 29 de xuño ás 23:59 hh.). No mesmo enderezo é posible realizar xa unha doazón ao Dorsal 0, para aquelas persoas que non vaian poder asistir. O evento comeza ás 09:15 coa apertura das mesas de recollida de dorsais e o servizo de gardarroupa. 

As modalidades de inscrición, xunto cos seus prezos, distancias e importes, son as que seguen:
                                                                   

PROBA

HORA SAÍDA

KM

PREZO

AGASALLOS

Absoluta 10 km (>16 anos)

10:00

10 km

10 €

Camiseta

Trofeos para os/as tres primeiros/as atletas, nas categorías feminina e masculina

Absoluta 5 km (>16 anos)

10:00

5 km

5 €

Camiseta

Trofeos para os/as tres primeiros/as atletas, nas categorías feminina e masculina

Escolares Sub16

10:00

5 km

5 €

Camiseta

Trofeos para os/as tres primeiros/as atletas, nas categorías feminina e masculina

Escolares Sub14 + Sub 12

11:35

800 m

2 €

Medalla

Escolares Sub10

11:35

250 m

2 €

Medalla

Pitufos + Chupetes (<7 anos)

11:35

100 m

2 €

Medalla

Andaina (>16 anos)

11:30

7 km

5 €

Camiseta

Andaina (<16 anos)

11:30

7 km

0 €

Medalla   


O lugar de saída e meta de todas as probas é a Praza de Galicia, fronte o edificio do Concello de Lalín. Alí mesmo estará situada a secretaría da competición, lugar da recollida de dorsais e agasallos. As persoas participantes poderán recoller o seu dorsal desde as 09:15 ata 15 minutos antes de cada proba.

Na mesma área situarase o posto de entrega de avituallamento, sólido e líquido, que se ofrecerá a todas e todos os participantes ao seu paso por meta.
 
A Federación Galega de Dano Cerebral promove e organiza esta proba, contando coa colaboración da Sociedade Deportiva Compostela-Tambre-Lengüelle e do centro Encuentra tu Potencial, e co apoio da Federación Galega de Atletismo e do Concello de Lalín.

Deporte e dano cerebral adquirido

A Federación Galega de Dano Cerebral xa organizou en 2021 un Trail e Andaina Solidaria, e a I Carreira e Andaina Solidaria Camiñando Polo Dano Cerebral en 2022. A promoción duns hábitos de vida saudable é unha prioridade para FEGADACE, principalmente por dous motivos:
1. prevención do dano cerebral adquirido, xa que a práctica de exercicio, unha dieta equilibrada e, en definitiva, unha vida sa, axudan a evitar o ictus. Esta é a principal causa do dano cerebral, e conta entre os seus factores de risco coa obesidade, o sedentarismo, a diabetes ou o estrés.
2. prevención de situacións de dependencia, ou de que estas se agudicen, no caso das persoas con dano cerebral adquirido. Un bo ton físico axuda a manter a autonomía persoal e reforzar a autoestima. 

Segue toda a información en #PoloDanoCerebral!