O sábado, día 12 deste mes de setembro, disputarase a cuarta edición da carreira nocturna Corre por Ferrol. A competición está organizada polo Concello de Ferrol e discorrerá polos barrios da Magdalena e Ferrol Vello. A proba para os máis pequenos partirá da praza de Armas ás oito da noite, mentres que unha hora máis tarde ser dará a saída á proba de adultos.
Os nenos e nenas de categoría alevín terán que afrontar un percorrido dunha quilómetro, mentres que para os infantís e cadetes o percorrido é de dous quilómetros.
Para tomar parte na competición hai que inscribirse con antelación, poderá realizarse na web www.carreirasgalegas.com antes das doce desta noite. O prezo da inscrición é de 3 euros para os adultos, mentres que é gratuíta para as categorías de base.
A novidade desta edición é que é o propio Concello de Ferrol quen se encarga de organizar esta carreira, na que conta co control técnico da delegación ferrolá da Federación Galega de Atletismo, así como coa colaboración da Deputación da Coruña, xa que esta proba forma parte do a terceira edición do circuíto provincial de carreiras populares.
A proba foi presentada na mañá de onte no Concello de Ferrol, un acto no que estivo o concelleiro de Deportes, Bruno Díaz, así como o presidente da delegación ferrolá da Territorial Galega de Atletismo, Ricardo Monzón.
A participación
O edil Bruno Díaz animou a todos os cidadáns a participar nunha carreira que percorrerá o centro da cidade e que contará cunha distancia moi asumible para todos, non só para os deportistas profesionais senón tamén para os afeccionados.
Os organizadores esperan que, do mesmo xeito que en anteriores edicións, a xente anímese e que na xornada do sábado haxa unha gran participación de deportistas en lan carreira.