O Concello de Riveira e a Federación Galega de Atletismo organizan o vindeiro 10 de setembro de 2017 o I Medio Maratón Riveira21, que será a súa vez Campionato de Galicia absoluto e das categorías junior, promesa e veteráns. A proba disputarase sobre unha distancia homologada de 21.097,50 metros.
A inscrición no Campionato será gratuita, pero o atleta que non se inscriba no medio maratón Riveira21 perderá a opción a recibir o agasallo técnico e a optar a calquera tipo de premio da carriera popular.
Para o Campionato de Galicia de Medio Maratón realizaranse as categorías establecidas na
Circular do Campionato, as inscricións do Campionato realizaranse na seguinte ligazón da
RFEA e terán que ser os clubes os que inscriban no campionato aos seus atletas.
Xa te podes inscribir na carreira
(Aquí)