martes, 8 de decembro de 2015

ABERTAS AS INSCRICIÓNS DA III CARREIRAS SAN SILVESTRE DO CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

A III Edición da San Silvestre Compostelana xa está en marcha. A Praza do Obradoiro será o escenario inigualable elexido para dar o pistoletazo de saída a esta terceira edición que pretende chegar ata os 2500 participantes, según as cifras que manexa a organización.

Na proba non faltarán detalles, como o espectáculo musical e baile previo, os fogos artificiais, e o percorrido polas rúas do casco histórico que farán de Santiago de Compostela toda unha festa deportiva. A nova corporación non dubidou en apoiar todas as iniciativas impulsadas desde a Federación Gallega de Atletismo baixo o lema "COMPOSTELA ESTA VIVA" que se difundiu como peche e despedida na Gala do IV Circuito de Carreiras Saudables de Santiago, CorreSan 2015.

As inscricións poderán realizarse ata o vindeiro luns 28 de decembro a través da páxina web www.sansilvestresantiago.com onde poderán consultar todos os detalles organizativos como os horarios, o circuito e os premios.