xoves, 14 de xullo de 2016

ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN DO V CorreSan.

Xa te podes inscribir na V Edición do Circuíto CorreSan. Que este ano dará o pistoletazo de saída en Angrois.

É un pracer presentarvos o “V Circuíto de carreiras saudables CorreSAN, un programa de carreiras a pé organizadas pola Federación Galega de Atletismo e patrocinadas polo Concello de Santiago de Compostela a través do seu departamento de deportes. Este circuíto entra dentro do labor de concienciación  sobre os beneficios que a actividade física regular provoca na mellora da calidade de vida dos nosos cidadáns.

O circuito CorreSan representa unha iniciativa para Compostela que traslada o deporte ata os barrios onde normalmente xa se practican diferentes deportes, en especial o atletismo.

O circuíto estará aberto á participación de calquera deportista habitual ou eventual que desexe acceder á práctica libre do exercicio físico en diferentes contornos da cidade. Nas probas terán cabida atletas de case todas as idades (de benxamíns a veteranos) con distancias adaptadas a cada categoría que participen nas carreiras das que consta este circuíto, o cal integrará un aliciente de motivación como é a competición.