O paseo marítimo do Burgo será escenario o próximo 10 de xuño da sétima edición da Carreira pola Ría do Burgo, organizada polo Concello de Culleredo. A proba, que ten un percorrido de dez quilómetros, está incluída no circuíto de carreiras populares da Deputación e conta coa colaboración da Federación Galega de Atletismo.
A inscrición estará aberta ata o martes 5 de xuño e deberá formalizarse na web www.carreirasgalegas.com. A proba contará con distintas categorías; a absoluta constará dun percorrido de dez quilómetros pola zona verde do paseo do Burgo; a xuvenil, cadete e infantil, cun trazado de dous quilómetros, e a alevín e benxamín, dun quilómetro.
Tamén haberá prebenxamín e pequerrechos.
Fonte: www.lavozdegalicia.es